galego|español|english
<<   Outubro 2018   >>
Lu Ma Xo Ve Do
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031
EMPREGO FORMACION SOCIAL NOVAS

A QUE NOS ADICAMOS > FOMENTO DO EMPREGO E AUTOEMPREGO > > ASESORAMENTO Ó EMPREGO
< VOLTAR
SERVIZO ASESORAMENTO E ACOMPAÑAMENTO A GRUPOS PROMOTORES
OBXECTIVO

O servizo presencial, ten como obxectivo impulsar o autoemprego baixo a fórmula cooperativa, axudar os emprendedores a convertir en realidade os seus proxectos, asesorar sobre melloras na xestión cooperativa, orientar sobre as posibilidades reais de éxito dun proxecto, solventar dúbidas sobre a fórmula cooperativa

 
CONTIDO

PROCESOS DE ACOMPAÑAMENTO DOS PROXECTOS COOPERATIVOS:

O proceso supón o apoio dun persoal especializado con as seguintes funcions:

-Apoio á conformación do Grupo Promotor.

- Definición e maduración da idea.

- Identificación do Grupo Promotor coa fórmula cooperativa.

-Dar ao Grupo Promotor unha formación axeitada das principias características das cooperativas.

-Presentar de forma anticipada as diferentes problemáticas que desde o ámbito societario adoitan confrontar as cooperativas. 

-Presentar ferramentas concretas para previr e solventar ditas dificultades, así como para fortalecer o carácter social e os principios propios da fórmula cooperativa.

-Cumprir un papel de facilitador da reflexión e a cohesión grupal, promovendo dinámicas de debate e dinámicas de grupo que axuden á formulación de metas compartidas a partir do recoñecemento das diferenzas.

-Cumprir un papel de formador en técnicas de xestión empresarial e en habilidades sociais cooperativas, que sexan incorporadas polas persoas do grupo para situalos en mellores condicións de desenvolverse como cooperativistas.

- Analizar a idea de negocio.

-Planificación do proxecto e o seu financiamento.

-Desenvolver, xunto co grupo promotor, a viabilidade social e económica-financeira do proxecto, de tal xeito que nos permita debuxar un escenario de futuro, adiantarnos ás dificultades e poder reforzar as nosas virtudes.

A quen vai dirixido: Grupos de persoas con iniciativa empresarial.

IMPULSO DE NOVAS COOPERATIVAS DENDE FORMULAS MERCANTIS:

Obxectivo: a adaptación do acompañamento a novos proxectos, de cara ao fomento do autoemprego cooperativo para empresas mercantís que atravesan dificultades para continuar a actividade, malia que esta sexa viable. Diríxese a entidades con problemas de sucesión ou de falta de disposición para asumir retos formulados por situacións económicas complexas.

Medidas concretas: 

-Realización dunha primeira aproximación aos problemas que desencadearon a crise na empresa.

-Análise do grupo e a súa identificación coa fórmula cooperativa.

-Elaboración conxunta do proxecto de viabilidade con especial atención as áreas organizativa e comercial-mercado.

-Formación en xestión empresarial cooperativa e en habilidades sociais, trámites de constitución e posta en marcha e tramitación de axudas e subvencións.

A quen vai dirixido: Entidades con problemas de sucesión ou de falta de disposición para asumir retos formulados por situacións económicas complexas.

 ASESORAMENTO A COOPERATIVAS:

Obxectivo: Realizar unha diagnose interna da cooperativa, analizar os problemas que puideran ter ou puideran xurdir e plantexar diferentes solucións ou propostas de mellora a través de accións concretas. Facer un chequeo inicial cos puntos clave da cooperativa para propor unha reflexión estratéxica sobre a súa xestión e obxectivos sociais.

  A quen vai dirixido: Empresas cooperativas                        

Asesoramento en materia de xestión empresarial

 Puntos específicos de vital importancia para a xestión das cooperativas: 

-Revisión das competencias directivas e sistemas de participación das persoas socias.

-Revisión da estrutura organizativa interna, tanto produtiva como societaria.

-Revisión do emprego das tecnoloxías e a súa aplicación nos sistemas de organización produtiva e na organización social.

-Revisión do emprego eficiente dos recursos dispoñibles.

- Revisión do emprego da intercooperación.

- Revisión da financiación empregada.

- Revisión do marco en materia de sostenibilidade.

- Revisión das políticas de xestión de recursos.

-Informe final

 
Asesoramento e acompañamento no ámbito societario

A viabilidade do proxecto baséase en dous piares fundamentais: unha viabilidade de carácter empresarial e unha viabilidade societaria.

O acompañamento destes proxectos cumpre as seguintes funcións:

Presentar de forma anticipada as diferentes problemáticas que poidan xurdir desde o ámbito societario.

-Presentar ferramentas concretas para previr e solventar ditas dificultades, así como para fortalecer o carácter social e os principios propios da fórmula cooperativa.

- Facilitar a reflexión e a cohesión de grupo.

-Formar en habilidades sociais cooperativas.

-Informe final

 
CRITERIOSpara solicitar asesoramento ou mais información sobre o servizo, o horario da Fundacion Coren e de 07:00 a 19:00 de luns a xoves, e venres, de 07:00 a 16:30. tfno 988404805  
DIRIXIDO A Desempregados; Grupos de persoas con iniciativa empresarial; Entidades con problemas de sucesión ou de falta de disposición para asumir retos formulados por situacións económicas complexas; Empresas cooperativas  
Nº DE PRAZAS DISPOÑIBLES  
MODALIDADEpresencial  
Nº HORAS /
Nº DÍAS
 
LUGAR DE EXECUCIÓN Fundacion Coren  
DATA DE EXECUCIÓN / INICIO01-Xuño-2012  
DATA DE FIN31-Decembro-2013  
HORARIOSMARTES E XOVES, DE 10:00 A 19:00; MERCORES, DE 16:00 A 20:00  
OBSERVACIÓNS  
DOCUMENTOS   Descargar: 2011-8/17-11-54-22.editor.FOLLETO.jpg
 
FOTOS  

Imprimir ficha


Mapa Web | Aviso Legal