galego|español|english
<<   Abril 2017   >>
Lu Ma Xo Ve Do
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
EMPREGO FORMACION SOCIAL NOVAS

< VOLTAR|
 
TÍTULOXORNADAS INTRACOOPERATIVAS 2015
 
DATA25-Setembro-2015
 
FONTE
 
CONTIDO

A Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, xunto co FSE, colabora na realización das Xornadas Intracooperativas que se veñen realizando nos últimos meses na sede da Fundación Coren, centro integrado na Rede Eusumo, co obxecto de difundir os valores do cooperativismo.

As xornadas están dirixidas a traballadores/as de Coren e das cooperativas integradas no Grupo, cun total de 750 participantes, distribuídos nun total de 24 sesións que se desenvolven entre os meses de xaneiro e setembro de 2015. Nas actividades, preséntase a historia do cooperativismo e amósanse os valores, principios e sentimentos cooperativos, co fin de extrapolalos na súa forma de traballo e na relación cos compañeiros, na resolución de conflitos e na creación de relacións construtivas. Tamén se achega a historia da empresa e os seus valores e principios, co fin de impulsar a integración dos traballadores no Grupo, facéndoos partícipes dos principios e a cultura cooperativa e corporativa. Finalmente, amósase a sede da Fundación Coren como centro de desenvolvemento cooperativo pertencente á Rede Eusumo, onde os interesados na fórmula cooperativa poden atopar o asesoramento necesario que precisan para emprender.

Nas sesións formativas, os participantes reciben un dossier informativo sobre o cooperativismo e a historia de Coren, e participan en ponencias impartidas polos responsables dos distintos departamentos do Grupo.

 
OBSERVACIÓNS  

 
 
 
Imprimir

Descarga PDF

< VOLTAR|


Mapa Web | Aviso Legal