A QUE NOS ADICAMOS > ESTUDOS
A Fundación Coren ten como obxectivo a promoción, participación e a realización de estudos, accións de investigación, análise, enquisas e valoracións sobre o sector (problemática, normativa, evolución, formación, etc.).
ESTUDOS SECTORIAIS
ESTUDOS ELABORADOS POLA FUNDACIÓN COREN
Estudo das necesidades do cooperativismo galego
A Fundación Coren realizou un estudo social das necesidades dos cooperativistas e traballadores ao servizo das cooperativas co obxectivo de desenvolver accións adaptadas ás necesidades específicas da comunicade potenciando así os procesos de desenvolvemento rural.
A metodoloxía empregada combina técnicas cualitativas e cuantitativas coa finalidade de obter unhas primeiras conclusións e hipóteses de traballo.
Accións de apoio e de acompañamento á formación
No ano 2008 a Fundación Coren participou como entidade colaboradora no estudo "Adecuación dos recursos e infraestruturas necesarias para impartir accións de formación específica na familia profesional agraria".
|