galego|español|english
<<   Xuño 2017   >>
Lu Ma Xo Ve Do
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930
EMPREGO FORMACION SOCIAL NOVAS

COOPERATIVISMO > HISTORIA > HISTORIA DO COOPERATIVISMO EN GALICIA. HISTORIA DE COREN.

A comezos dos anos sesenta, en Galicia, existían 548 cooperativas de campo cun total de 122.738 socios. Delas, 114 cooperativas, correspondían á provincia de Ourense, con 28.579 socios. Nos anos setenta, o número de cooperativas do campo galego era de 609, con 95.148 socios, das cales 118 eran de Ourense. Pero obviamente, moitas destas carecían de actividade práctica. Segundo o libro "Galicia e as cooperativas ourensanas" de Gonzálo Fernández, en 1973, as cooperativas con actividade produtiva en Galicia eran 515, con 81.584 socios e en Ourense 99 con 30.808 cooperativistas.

En suma, ao comezo dos anos sesenta, pode afirmarse que o desenvolvemento cooperativo en Galicia, e especificamente en Ourense, rexistraba cotas pouco importantes.

É cando xorde o moderno cooperativismo ourensano, da man de Eulogio Gómez Franqueira.

Denominado como "Un home do Campo", Franqueira cambiou definitivamente o rumbo da galicia rural e o movemento Cooperativo.

O seu traballo foi amplamente recoñecido, seguido, copiado e inspirando a numerosas empresas e organizacións, pola complexidade, orixinalidade e éxito conseguido polos seus feitos.

Nunha Galicia, cunha economía de subsistencia e cun arraigado apego a antecesores e individualidades, logrou a través da palabra e o exemplo, unir grupos de agricultores nunha mesma idea: xuntar forzas e construír en conxunto.

Non resultou unha tarefa doada nun momento no que o campo pasaba por grandes dificultades e o agricultor non desexaba correr riscos. Pero, Franqueira, coñecía de primeira man as súas problemáticas, era un deles. Se a este factor lle unimos os seus coñecementos de leis e a súa vocación de mestre e o íntimo desexo de mellorar as estruturas do rural e revitalizalas, o camiño estaba trazado. Seguindo os valores cooperativos do esforzo, unión e axuda mutua, comezan a darse os primeiros pasos, seguros de ir cara ao lugar correcto.

Eran os anos sesenta. Hoxe, as cooperativas de Coren están formadas por máis de 6.000 persoas que coidan cada día por manter a cooperativa, da man de Manuel Gómez-Franqueira, ao timón daquel sono que un día se fixo real.

 

Datos cronolóxicos sobre a principal cooperativa galega: Historia de Coren (enlace a http://www.coren.es/cronologia )

     


Mapa Web | Aviso Legal