galego|español|english
<<   Outubro 2017   >>
Lu Ma Xo Ve Do
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031
EMPREGO FORMACION SOCIAL NOVAS

QUÉ É A FUNDACIÓN > MISIÓN E VALORES > VALORES

VALORES

Respecto o medioambiente.  A través do compromiso no uso de materiais ecolóxicos, naturais e biodegradables en todas as actividades que realizamos e a difusión nos nosos medios de comunicación sobre as boas prácticas ambientais.

Vídeo residuos industriais
Folleto Xestión de residuos industriais

Desenvolvemento do medio rural.  Apoio a proxectos que incidan na mellora das condicións de vida do campo, a través da realización de programas sociais e de servizos destinados a poboacións con maiores necesidades. Contribución á modernización das estruturas agrarias e gandeiras co desenvolvemento de plans de formación contínua agrogandeira, foros e conferencias especializadas. Estudios e análise sobre o sector.

Igualmente, impulsamos o nacemento de novas estruturas cooperativas e apoiamos aos mozos emprendedores, as inquietudes profesionais,os cales, se centran no desenvolvemento da área rural.

Compromiso coa sociedade. A través de programas especiais de formación e emprego favorecen a inserción no mercado de traballo de colectivos críticos como inmigrantes, mulleres, persoas do rural, mozos na busca dun primeiro emprego, maiores de 45 anos, persoas con discapacidade....

Actualmente, trabállase intensamente cos axentes de emprego no rural, servizo de orientación laboral dos concellos, Servizo Galego de Colocación, Cimo, Cruz Vermella e Cáritas, entre outros. Igualmente, colaboramos con diferentes ONG e organizacións en xeral, sen ánimo de lucro en proxectos que incidan na implantación de cooperativas en países do terceiro mundo ou a mellora de condicións de persoas en situacións desfavorecidas, especialmente en núcleos rurais e adquirimos material para o desenvolvemento dos nosos programas a Acción contra el Hambre, Unicef, Solidariedade Internacional, Amarante Setem (comercio xusto)....

Promoción e fomento do cooperativismo. Formar e informar sobre principios do cooperativismo e sobre os mecanismos para poñer en marcha un negocio de autoemprego baixo a fórmula cooperativa, son algunhas das actividades desenvolvidas para a promoción do cooperativismo. Para iso realízanse foros, conferencias, cursos e difusión en medios.

Non obstante, existe para nós un colectivo especialmente importante, posto que eles constitúen o futuro, a garantía de relevo xeracional nas actuais estruturas cooperativas. Eles fixarán a poboación no rural, conservarán tradicións, potenciarán o crecemento económico, levarán a cabo proxectos de valor, etc, en suma, revitalizarán o campo e o cooperativismo. Son os mozos,a infancia e xuventude. Por iso, adicamos recursos a realizar actividades que contribúan a fomentar a axuda mutua, o esforzo propio, a responsabilidade, a democracia, a igualdade, a equidade e a solidariedade, en suma, os valores cooperativos, e a transmitir o respecto ao rural e a viabilidade dun negocio cooperativo como traballo.

     


Mapa Web | Aviso Legal