|
COOPERATIVISMO > CREAR UNHA COOPERATIVA
Pasos a seguir
-
1. -Obter a certificación negativa do nome:
certificar que non figura ningunha outra entidade cooperativa coa mesma denominación .Onde: sección central do rexistro de cooperativas
-
2. -Redacción dos estatutos sociais:
deben recoller,a lo menos, estes puntos:
-
Denominación da sociedade.
-
Domicilio e obxecto social.
-
Condicións e requisitos para adquirir a condición de socio e o réxime de baixa.
-
Obrigas e dereitos dos socios.
-
Normas de disciplina social capital mínimo para adquirir a condición de socio.
-
Composición dos órganos de goberno.
Cando: antes do outorgamento da escritura de Constitución.
|
 |
-
3. -Elevar a escritura pública os estatutos sociais:
-
mediante a sinatura ante notario, as persoas promotoras deben elevar a público os acordos relativos á constitución da cooperativa, os estatutos sociais e a elección das persoas que ocuparán os cargos sociais.
-
Dende o momento do acto formal de constitución da Cooperativa ante notario, a situación da sociedade será a de estar "en constitución". Nesta situación, poderá realizar xa contratos e obrigas con terceiros.
-
4. -Autoliquidación do imposto de transmisión patrimonial e actos xurídicos documentados:
-
5. -Inscribir a escritura de constitución no rexistro de cooperativas.
-
6. -Solicitude do código de identificación fiscal (CIF) e comunicar o inicio da actividade da cooperativa.
Onde: na administración da Axencia Tributaria ou delegación presentando o modelo 036. No mesmo impreso débese comunicar ao inicio da actividade da cooperativa.
-
7. -Realizar a afiliación da empresa á seguridade social e a alta dos socios traballadores que inicien a actividade empresarial.
-
8. -Realizar a comunicación de apertura do centro de traballo:
Cando: nos 30 días seguintes ao inicio da actividade
Onde: na delegación da Dirección Xeral de Traballo.
-
9. -Comprar os libros de visitas e os libros sociais obrigatorios:
No aspecto societario, a cooperativa ten que dispoñer e ter actualizado, a lo menos, os libros de actas e o libro de rexistro de socios.
-
10. -Solicitar a licenza municipal de apertura e licenzas especiais no Concello.
|
|