COOPERATIVISMO > QUE É UNHA COOPERATIVA
Unha cooperativa é un medio de axuda mutua para beneficio de todos. Unha asociación voluntaria de persoas, de duración indefinida e responsabilidade limitada, con plena capacidade xurídica e o principal obxectivo da cal é o servizo.
As cooperativas réxense por estatutos e pola lei de asociacións de cooperativas. Nunha cooperativa todos teñen os mesmos dereitos e deberes.
Características singulares dunha empresa cooperativa:
- as persoas buscan dar servizos e un beneficio común.
- coa ganancia beneficiánse a prestación de servizos.
- o principal obxecetivo e ofrecer servizos de calidade e económicos e reportar beneficios aos socios.
- o excedente dispoñible devólvese aos socios en proporción ás súas actividades ou servizos.
- o socio dirixe, ten voz e voto.
- o número de socios é ilimitado, poidendo selo todas as personas que o desexen, segundo os estatutos.
- os obxectivos son dependentes das necesidades dos socios.
- gobérnase coa participación dos socios.
|