galego|español|english
<<   Xullo 2017   >>
Lu Ma Xo Ve Do
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31
EMPREGO FORMACION SOCIAL NOVAS

COOPERATIVISMO > ORIXE

O termo cooperativa xorde do latín; Cum (=con) e OPERARE (=trabajar). Por isto, podemos identificar a orixe da palabra como "o traballo con" ou "co traballo".

Dende a Idade media, pasando por Grecia e Roma, houbo movementos similares de exemplos de propiedade e de xestión colectiva de lugares sociais e/ou comerciais, se ben, unha das primeiras experiencias cooperativas, tal e como hoxe son entendidas, data do 1844, cando se crea en Rochdale, Inglaterra, a cooperativa de consumo Sociedade Equitativa dos Pioneiros de Rochdale. Simultaneamente xorden outras experiencias en Francia, España e outros países europeos. Entre os primeiros grandes pensadores do cooperativismo atópanse Robert Owen, Charles Fourier y Friedrich Wilhelm Raiffeisen, inglés, francés e alemán,respectivametne, os que fixeron unha crítica na que propuñan que a solución dos problemas sociais podíase lograr a través da cooperación entre os individuos.

O símbolo do cooperativismo é un Piñeiro. Comezou a utilizarse en 1922 e simboliza a identificación positiva dos cooperativistas e o seu sentido de propósito e traballo común. A árbore do piñeiro é un antigo símbolo de vida, inmortalidade e froito, representa a perennidade, perseveranza e solidariedade, tres dos grandes piares sobre os que se asenta o cooperativismo.

A bandeira da cooperación está formada por sete cores, os do arco da vella, que simbolizan: a paz universal, a unidade que supera as diferenzas políticas, económicas, sociais, raciais e relixiosas, a esperanza da humadiade nun mundo mellor onde reine a liberdade, dignidade persoal, xustiza social e solidariedade. A bandeira do cooperativismo foi lanzada por ACI, a Alianza Internacional de Cooperativas, que dende 1895 se encarga, a nivel mundial, de difundir o cooperativismo e os principios cooperativos.

     


Mapa Web | Aviso Legal